O capitán Ro e o gato Bo

O capitán Ro e o gato Bo

Autor: Sánchez, Gloria

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 9 años

O capitán Ro e o gato Bo

O capitán Ro e o gato Bo

7,85€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
30/07/1994
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

O terrible capitan Ro, procedente do planeta Roña, descende coa súa nave sobre a Terra. Como todos os roñentos aliméntase de cousas que comezan pola sílaba ro. En pouco tempo desaparecen todas as rosas, todas as rochas, rodas... Con el viaxa o gato Bo que, farto xa do seu amo, proponlles ás autoridades terrestres un acordo: el entregarlle o insaciable …

O terrible capitan Ro, procedente do planeta Roña, descende coa súa nave sobre a Terra. Como todos os roñentos aliméntase de cousas que comezan pola sílaba ro. En pouco tempo desaparecen todas as rosas, todas as rochas, rodas... Con el viaxa o gato Bo que, farto xa do seu amo, proponlles ás autoridades terrestres un acordo: el entregarlle o insaciable capitán a cambio de que lle dean de comer bocartes e bonito. Estando o gato Bo coa súa Navelaíña no planeta Maruca, chega un S.O.S dende a Terra: mil e unha naves de Roñentos atacan a Terra para vingar capitán Ro. A mensaxe viña nun raro idioma, que só a Navelaíña sabía traducir; cando chegaron á Terra, xa nin era Terra nin nada. Co Boli das Mil Colores o Gato Bo tivo que debuxar todo de novo. Pero o Boli das Mil Colores non debuxaba nada que tivese mala intención como fragatas con canóns ou buques lanzatorpedos. Mentres, a Navelaíña morrerá heroicamente despois de salvar o universo dos terribles rañentos. Logo, ó Gato Bo éntralle a teima de intentar rabuñar as estrelas; ¿conseguirao? Finalmente, poñerá un anuncio para atopar noiva: ¿acudirá algunha gata ó seu anuncio?
Leer más

Más libros de Sánchez, Gloria

Todos los libros de Sánchez, Gloria

Más información del libro

O capitán Ro e o gato Bo

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-7507-814-4
EAN:
9788475078144
Nº páginas:
0
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Lengua:
GALLEGO
Alto:
190 mm
Ancho:
135 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 9 años
Gloria Sánchez (Vilagarcía 1958) é mestra de Educación Primaria. Como autora de literatura infantil deuse a coñecer co poemario Fafarraios (Xerais 1991), Premio Merlín 1990, Lista de Honra do IBBY 1994. dende aquela publicou outros libros de poemas. Rimas con letra (Xerais 1991), ¡Pum, pum! (1993). No eido narrativo infantil publicou as seguintes obras: Bichos con gaseosa (1992); Cabeciña a paxaros e outras historias (1993); O capitán Ro e o gato Bo (Xerais 1994); Pé e máis eu (1995); Doutor Rus (1995), premio Edebé de Literatura Infantil; A raíña de Turnedó (Xerais 1996); Sete casa, sete bruxas e un ovo (1997); O grande tronante (Xerais 1998), álbum, en colaboración con Xan López Domínguez; Manual para unha pequena meiga (1998); Teatro feroz (1999); A casa de vidro do señor Cum (1999); A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos (Xerais 1999), peza teatral, en colaboración con Miguel Vázquez Freire; O home do impermeable amarelo (2000); Matapitos.com (Xerais 2000); Farangulla (2002); A galiña da paz (2002); ¿A onde van as bolboretas no inverno? (2003); Florentino, o príncipe Quino, (Xerais 2010). Froito do seu labor de investigación e actualización do folclore infantil galego é o libro 303 Adiviñas (Xerais 1994).

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar