A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros

Autor: Sánchez Rei, Xosé Manuel

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros

A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros

24,00€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/09/2006
Colección:
ENSAIO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

A finais do século XIX, coincidindo co Rexurdimento, é publicado o cancioneiro de Pérez Ballesteros, en que se inclúen case 2.600 textos que o compilador foi recollendo da boca das galegas e dos galegos da altura. Dado que esas composicións tradicionais foron transmitidas fidedignamente segundo as cantaba o pobo, sen por tanto intervir o colector nos trazos da lingua, constitúen …

A finais do século XIX, coincidindo co Rexurdimento, é publicado o cancioneiro de Pérez Ballesteros, en que se inclúen case 2.600 textos que o compilador foi recollendo da boca das galegas e dos galegos da altura. Dado que esas composicións tradicionais foron transmitidas fidedignamente segundo as cantaba o pobo, sen por tanto intervir o colector nos trazos da lingua, constitúen tales estrofes un magnífico expoñente de como era a oralidade galega do decembrar decimonónico. O estudo lingüístico do cancioneiro que agora Edicións Laiovento dá a lume, elaborado por Xosé Manuel Sánchez Rei, servirá para nos aproximarmos, cunha notábel dose de verosimillanza, das características do galego oral popular da época, e en especial da actual provincia coruñesa. Mais, igualmente, tamén coadxuvará na recuperación de casuísticas e xiros gramaticais usuais na altura, os cales hoxe, por factores totalmente alleos á lingua, se achan, non raro, nunha situación crítica de esmorecemento. E, en harmonía co desexo do autor e de Laiovento, eses trazos lingüísticos xenuínos presentes no cancioneiro e analizados nesta obra farán, con certeza, mellorarmos a calidade da lingua empregada na actualidade
Leer más

Más libros de Sánchez Rei, Xosé Manuel

Más información del libro

A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-8487-092-0
EAN:
9788484870920
Nº páginas:
0
Colección:
ENSAIO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
140 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar