A póla branca

A PÓLA BRANCA

Autor: SEOANE, XAVIER

Sección: POESÍA - POESÍA GRAL

A póla branca

A póla branca

12,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
20/02/2020
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

«A póla branca», que se inicia cun espléndido limiar sobre os haikus e a súa tradición, trasládanos á capacidade creativa de Xavier Seoane ante ese xénero e ofrécenos versos enormemente actuais, sintéticos, moi ocorrentes, persoais, capaces de abraiar. En palabras de Juan Martínez-Casanueva Viqueira, son haikus «máis preocupados por captar a impresión do momento, por atender a voz da natureza, …

«A póla branca», que se inicia cun espléndido limiar sobre os haikus e a súa tradición, trasládanos á capacidade creativa de Xavier Seoane ante ese xénero e ofrécenos versos enormemente actuais, sintéticos, moi ocorrentes, persoais, capaces de abraiar. En palabras de Juan Martínez-Casanueva Viqueira, son haikus «máis preocupados por captar a impresión do momento, por atender a voz da natureza, por deixarse levar pola admiración ante todo acontecer que por dar cumprimento á formalidade do canon estrófico. Están entre o sentimento panteísta e o asombro cósmico, onde tamén hai sitio para a experiencia cotiá, o urbano, o pop».
Leer más

Más libros de SEOANE, XAVIER

Más información del libro

A póla branca

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-660-5
EAN:
9788491216605
Nº páginas:
0
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
220 mm
Ancho:
145 mm
Sección:
POESÍA
Sub-Sección:
POESÍA GRAL
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde os 70 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Membro fundador da revista e foro " Luzes de Galiza " e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca " Don do horizonte " (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios " Dársenas do ocaso " (2002), " Vagar de amor e sombra " (2004), " Para unha luz ausente " (2006), " Do ventre da cóbrega " (2008), " Raíz e soño " (2009), " Espiral de sombras " (2013) e " A póla branca " (Xerais, 2020). No ensaio artístico, editou " Identidade e convulsión " (1990), !Reto ou rendición " (1994), e libros, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, " Atravesar o espello " (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; " O sol de Homero " (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; " Saudar a vida " (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; e " Todos somos Ulises " (Xerais, 2016). Na narrativa, publicou as novelas " Ábrelle a porta ao mar " (2000), " Filiberto e Sofonisba " (2010) e " A Dama da noite " (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, " Irispaxaros " (1984), " A rocha imantada " (2011) e coordinou o libro " Os aforismos do riso futurista " (Xerais, 2017). Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.

Otros libros en POESÍA