DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE

DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE

Autor: SEOANE, XAVIER

Sección: FILOLOGÍA - Lengua

DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE

DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE

26,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
12/11/2020
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro singular, fermoso, entregado, distinto e atrevido sobre este vello e milenario país que é Galicia. Concibido con moita orixinalidade, editado con sumo coidado e fermosamente ilustrado por Ramón Trigo, o libro combina a óptica analítica, o alento poético, a imaxinación e o humor …

Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro singular, fermoso, entregado, distinto e atrevido sobre este vello e milenario país que é Galicia. Concibido con moita orixinalidade, editado con sumo coidado e fermosamente ilustrado por Ramón Trigo, o libro combina a óptica analítica, o alento poético, a imaxinación e o humor co sentido crítico, a reflexión matizada e a información exhaustiva. Por este dicionario literario, que constitúe un orixinal ensaio, desfila a historia de Galicia, a súa cultura, os feitos, as persoas, os tópicos, os mitos e carencias... Escrito desde detrás da silveira, o seu formato permite lelo en calquera orde, en calquera sentido e de calquera xeito, focalizando a atención sobre os máis diversos aspectos do país galego, ese que procura o seu lugar na historia, na cultura e no reino do imaxinario e do proxectivo.
Leer más

Más libros de SEOANE, XAVIER

Más información del libro

DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Cambiar formato
ISBN:
978-84-9121-760-2
EAN:
9788491217602
Nº páginas:
384
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
24 mm
Ancho:
17 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Lengua
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Membro fundador da revista e foro "Luzes de Galiza" e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca "Don do horizonte" (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios "Dársenas do ocaso" (2002), "Vagar de amor e sombra" (2004), "Para unha luz ausente" (2006), "Do ventre da cóbrega" (2008), "Raíz e soño" (2009), "Espiral de sombras" (2013), "Threnói" (2016) e "A póla branca" (Xerais, 2020). No ensaio artístico, editou "Identidade e convulsión" (1990), "Reto ou rendición" (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, "Atravesar o espello" (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; "O sol de Homero" (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; "Saudar a vida"(Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; e "Todos somos Ulises" (Xerais, 2016). Recentemente, deu ao prelo o volume sobre poesía "Lingua de Eva e Adán" (2018). Na narrativa, publicou as novelas "Ábrelle a porta ao mar" (2000), "Filiberto e Sofonisba" (2010) e "A Dama da noite" (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, "Irispaxaros" (1984), "A rocha imantada" (2011) e coordinou o libro "Os aforismos do riso futurista" (Xerais, 2017). Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar