TODOS SOMOS ULISES

POR UNHA EDUCACIÓN DEMOCRÁTICA E HUMANISTA

Autor: SEOANE, XAVIER

Sección: FILOLOGÍA - Literatura

TODOS SOMOS ULISES

TODOS SOMOS ULISES

23,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
05/05/2016
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Na liña dos seus libros anteriores, " Atravesar o espello " , " O Sol de Homero " e " Saudar a vida " , esta nova proposta, " Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista) " , constitúe o elo máis amplo dun ambicioso ciclo ensaístico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educación, do …

Na liña dos seus libros anteriores, " Atravesar o espello " , " O Sol de Homero " e " Saudar a vida " , esta nova proposta, " Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista) " , constitúe o elo máis amplo dun ambicioso ciclo ensaístico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educación, do coñecemento e da cultura nun momento histórico de difíciles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades. " Todos somos Ulises " analiza criticamente a hexemonía da razón economicista e produtivista nas nosas vidas, o impacto tantas veces desilustrador e alienante da publicidade, do consumo e dos media, a dimensión plural da intelixencia, a transcendencia da linguaxe e da lectura, as destrezas necesarias na Sociedade do Coñecemento, a necesidade dun entendemento fluído entre a escola e as familias, o uso crítico e creativo das ferramentas tecnolóxicas, a pertinencia dunha educación pública equitativa, as demandas da diversidade, a educación en valores, a vocación, o esforzo, a convivencia, a disciplina... aspectos relacionados cos incisivos problemas da escola actual e as preocupacións do profesorado, o alumnado e das nais e pais. Xa que logo, Xavier Seoane propugna a necesidade dunha sólida formación científica, humanística e social, apostando pola adquisición de elevados niveis de realización estética e sensible, espiritual e moral. Nesa viaxe cara a Ítaca do coñecemento e da autocreación individual e social, que a todas as persoas se lles debe facilitar e á que todas deberían contribuír coa súa actitude vixiante e decidida, todos deberiamos ser Ulises, para poder alcanzar as máis elevadas cotas de emancipación, eudaimonía e felicidade. As persoas deberiamos, segundo o autor, pronunciar un si afirmativo á fecunda viaxe dunha educación crítica e democrática, humanista e liberadora á altura dos complexos retos contemporáneos.
Leer más

Más libros de SEOANE, XAVIER

Más información del libro

TODOS SOMOS ULISES

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-044-3
EAN:
9788491210443
Nº páginas:
472
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
225 mm
Ancho:
150 mm
Sección:
FILOLOGÍA
Sub-Sección:
Literatura
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde os 70 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Membro fundador da revista e foro ?Luzes de Galiza? e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca ?Don do horizonte? (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios ?Dársenas do ocaso? (2002), ?Vagar de amor e sombra? (2004), ?Para unha luz ausente? (2006), ?Do ventre da cóbrega? (2008), ?Raíz e soño? (2009) e ?Espiral de sombras? (2013). No ensaio artístico, editou ?Identidade e convulsión? (1990), !Reto ou rendición? (1994), e libros, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, ?Atravesar o espello? (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; ?O sol de Homero? (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; ?Saudar a vida?(Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; e ?Todos somos Ulises? (Xerais, 2016). Na narrativa, publicou as novelas ?Ábrelle a porta ao mar? (2000), ?Filiberto e Sofonisba? (2010) e ?A Dama da noite? (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, ?Irispaxaros? (1984), ?A rocha imantada? (2011) e coordinou o libro " Os aforismos do riso futurista " (Xerais, 2017). Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.

Otros libros en FILOLOGÍA

También te pueden interesar