AS HORAS ROUBADAS

AS HORAS ROUBADAS

Autor: Solar, María

Sección: NARRATIVA - Novela Romántica

AS HORAS ROUBADAS

AS HORAS ROUBADAS

17,95€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
05/05/2016
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA
Ver ficha completa

DISPONIBLE

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. …

A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. " As horas roubadas " é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.
Leer más

Más libros de Solar, María

Todos los libros de Solar, María

Más información del libro

AS HORAS ROUBADAS

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9121-016-0
EAN:
9788491210160
Nº páginas:
232
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
140 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela Romántica
María Solar é escritora e xornalista. Na actualidade presenta o magazine informativo A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia. Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo en radio e televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Ten unha ampla e variada traxectoria profesional na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Para a TVG presentou un importante número de espazos, como o cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo, entre outros. Na Radio Galega destacan os oito anos que dirixiu e presentou o magazine As tardes da Galega. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo ? " Ecoloxía na Aula " (1997), " O libro do noso mar " (1999)? e de ficción pedagóxica ? " Boa sorte " (2008), " O tempo do revés " (2008)?, mais o recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: " Teño uns pés perfectos " (2015), " O meu pesadelo favorito " (2015) Premio Lazarillo e lista White Ravens, " A verdadeira historia da mosca de tele " (2012) Premio Frei Martín Sarmiento ou " As meigas de Lupa " (Xerais 2012). " As horas roubadas " (Xerais, 2016) é a súa primeira incursión na narrativa para adultos. Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar