AS MEIGAS DE LUPA

AS MEIGAS DE LUPA

Autor: Solar, María

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 13 años

AS MEIGAS DE LUPA

AS MEIGAS DE LUPA

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
14/05/2012
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella …

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina. A segunda edición deste libro inclúe un CD coa banda sonora orixinal composta por David Alonso Garzón que foi finalista nos premios Jerry Goldsmith Awrds na categoría de libre creación.
Leer más

Más libros de Solar, María

Todos los libros de Solar, María

Más información del libro

AS MEIGAS DE LUPA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9914-375-0
EAN:
9788499143750
Nº páginas:
120
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 13 años
María Solar é escritora e xornalista. Na actualidade presenta o magazine informativo A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia. Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo en radio e televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Ten unha ampla e variada traxectoria profesional na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Para a TVG presentou un importante número de espazos, como o cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo, entre outros. Na Radio Galega destacan os oito anos que dirixiu e presentou o magazine As tardes da Galega. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo ? " Ecoloxía na Aula " (1997), " O libro do noso mar " (1999)? e de ficción pedagóxica ? " Boa sorte " (2008), " O tempo do revés " (2008)?, mais o recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: " Teño uns pés perfectos " (2015), " O meu pesadelo favorito " (2015) Premio Lazarillo e lista White Ravens, " A verdadeira historia da mosca de tele " (2012) Premio Frei Martín Sarmiento ou " As meigas de Lupa " (Xerais 2012). " As horas roubadas " (Xerais, 2016) é a súa primeira incursión na narrativa para adultos. Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar