Anamarciana: Vacacións en Europa

ANAMARCIANA: VACACIÓNS EN EUROPA

Autor: Varela Ferreiro, Alberto

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 9 años

Anamarciana: Vacacións en Europa

Anamarciana: Vacacións en Europa

7,25€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
18/03/2003
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Animado polo éxito de crítica e público do primeiro libro de Anamarciana (Premio Lecturas 2001 da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil- GALIX), Alberto Varela Ferreiro presenta unha nova entrega da extraterrestre máis simpática da galaxia. Chega o verán e Anamarciana, como todo o mundo, marcha de vacacións. Este ano vai a Europa, un satélite do planeta Xúpiter. Europa …

Animado polo éxito de crítica e público do primeiro libro de Anamarciana (Premio Lecturas 2001 da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil- GALIX), Alberto Varela Ferreiro presenta unha nova entrega da extraterrestre máis simpática da galaxia. Chega o verán e Anamarciana, como todo o mundo, marcha de vacacións. Este ano vai a Europa, un satélite do planeta Xúpiter. Europa é ideal para estar fresquiños e practicar todo tipo de deportes, como patinar no xeo, mergullarse e ir ás luras. Anamarciana: vacacións en Europa é un libro de ciencia ficcción para os primeiros lectores, escrito e ilustrado por Alberto Varela Ferreira. Unha nova achega desta serie iniciada na colección Merlín, onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir aos lectores espacios siderais.
Leer más

Más libros de Varela Ferreiro, Alberto

Más información del libro

Anamarciana: Vacacións en Europa

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-8302-964-0
EAN:
9788483029640
Nº páginas:
48
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Lengua:
GALLEGO
Alto:
190 mm
Ancho:
135 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 9 años
Alberto Varela Ferreiro (Carballo), é ilustrador, licenciado en Belas Artes, especialidade Deseño pola Universidade de Barcelona. Actualmente traballa como deseñador gráfico e participa en exposicións, realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como ?A Ameixa Cacofónica?, ?Taka de Tinta?, ?Gaudeaumus? ou ?Trilateral?, e máis recentemente na revista ?Golfiño? (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º Premio do concurso do cómic da Universidade Politécnica de Cataluya, o Premio ?Continuará? da facultade de Sant Jordi, ou o Premio ?Curuxa? do Museo do Humor de Fene. Como autor-ilustrador ten publicado na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil ?Anamarciana?: ?Anamarciana? (Xerais 2000), ?Anamarciana: Vacacións en Europa? (Xerais 2003) e ?Anamarciana no Planeta Vermello? (Xerais 2005) e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: ?Brrumm-Brrumm? (Xerais 2004) sobre o tráfico e a mobilidade, ?Dona Landra contra a Lapa? (Xerais 2007) e ?Dona Landra no Río Revolto? (Xerais 2009), ambos os dous protagonizados polo personaxe de Dona Landra.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar