ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA

ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA

Autor: Vázquez Freire, Miguel

Sección: INFANTIL Y JUVENIL - A partir de 6 años

ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA

ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA

13,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Publicación:
30/11/2007
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Ver ficha completa

NO DISPONIBLE

Sinopsis

Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de …

Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas..., ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia, e sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.
Leer más

Más libros de Vázquez Freire, Miguel

Más información del libro

ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA

Editorial:
XERAIS - ANAYA
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-9782-682-2
EAN:
9788497826822
Nº páginas:
224
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Lengua:
GALLEGO
Alto:
210 mm
Ancho:
130 mm
Sección:
INFANTIL Y JUVENIL
Sub-Sección:
A partir de 6 años
Miguel Vázque Freire (Corcubión, 1951) é profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago e colaborador como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil " Golfiño " e codirector da colección Merlín de Xerais, ademáis de co-autor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais (1990-2008) como membro do grupo de Didáctica da Filosofía Enxergo e promotor de «Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega. Como especialista en didáctica da filosofía publicou: " Nietzsche " (Xerais, 1990); " Iniciación á Estética " (Xerais, 1993); " Política e Sociedade " (Xerais, 1993); " Mandar, obedecer, rebelarse " (Xerais, 1996), ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes " O discurso do método " (Xerais, 2000). Para o público infantil publicou: " As aventuras do Gato Bógar " (Xerais, 1989); «O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor», conto incluído no volume " Contos da campaña 3 " (1992); " A cor do elefante " (1994); a peza teatral, en colaboración con Gloria Sánchez, " A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos " (Xerais, 1995), " A primeira máquina de fotos " (1998), " O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos " (1998), " María é maior " (2007), " Contos de Reis e de Nadal " (Xerais, 2007), " O souto escuro e perigoso " (Xerais, 2011), " Fadita fosca! " (2013). Como narrador publicou: " Proxecto pomba dourada " (1987, Xerais, 2000), novela; " A malvada María Xosé " (Xerais, 1989), novela; " Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos " (Xerais, 1993), relatos; " Anxos en tempos de chuvia " (Xerais, 1997), novela, incluída na Lista de Honra do IBBY 1999 e " Demos de verán2 (Xerais, 2017), novela. A súa obra está traducida a todas as linguas peninsulares.

Otros libros en INFANTIL Y JUVENIL

También te pueden interesar