O clan das barbies

O clan das barbies

Autor: YAÑEZ, ANTIA

Sección: NARRATIVA - Novela General

O clan das barbies

O clan das barbies

18,50€ IVA INCLUIDO

Editorial:
-
Publicación:
01/11/2024
Colección:
NARRATIVA
Ver ficha completa

DISPONIBLE

Recogida en librería GRATIS

Envío a domicilio

Añadir a la cesta

Sinopsis

Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. A Alma gustaríalle ser invisible, pero as cargas familiares, as do presente e as do pasado, impídenllo. Carla fixo o imposible por salvar un …

Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. A Alma gustaríalle ser invisible, pero as cargas familiares, as do presente e as do pasado, impídenllo. Carla fixo o imposible por salvar un pai que só sabía querer unha muller morta. An loitou desde ben pequeno por cumprir coas expectativas da nai, mesmo se tiña que esquecerse da súa propia identidade. Nesa sala de espera comezan a entender que o pecado orixinal que arrastran non é culpa súa, e que todo sacrificio ten un límite. Estas tres vidas entretécense ata que as costuras non dan máis de si, rebentando de forma violenta e dando paso ao que realmente agochaban debaixo: vinganza. Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade, á discriminación e á explotación. Porque a violencia nunca é a solución. Ata que o é.
Leer más

Más libros de YAÑEZ, ANTIA

Todos los libros de YAÑEZ, ANTIA

Más información del libro

O clan das barbies

Editorial:
-
Fecha Publicación:
Formato:
Normal tapa blanda (libros)
ISBN:
978-84-11-10607-8
EAN:
9788411106078
Nº páginas:
216
Colección:
NARRATIVA
Lengua:
ESPAÑOL
Alto:
23 mm
Ancho:
16 mm
Sección:
NARRATIVA
Sub-Sección:
Novela General
Antía Yáñez (Burela, 1991), enxeñeira, xestiona unha academia en Cecebre e organiza obradoiros literarios. Como narradora, comezou escribindo relato curto, ámbito no que gañou premios como Os Viadutos, o Xaime Illa Couto ou o Certame Literario de Cambre. Para o público infantil e xuvenil publicou as obras «O misterio de Portomarín» (2016), que ten a súa continuación en «O misterio do torque de Burela» (2019) a novela distópica «Be Water» (2019) e «Plan de rescate» (Xerais, 2020), Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade. En narrativa para adultos publicou a novela «Senlleiras» (2018, Premio Illa Nova) e participou no libro de relatos «Entre Donas» (2020). «O clan das barbies» (Xerais, 2024) é a súa segunda novela na colección Narrativa despois de «Non penses nun elefante rosa» (Xerais, 2022).

Otros libros en NARRATIVA

También te pueden interesar